martes, 20 de mayo de 2014


A continuación tedes as cuestións sobre esta banda musical que tedes que investigar:

(Deberedes primeiramente repartir o traballo entre os membros do grupo. Nas pestanas de arriba tedes ligazóns onde podedes atopar información sobre "The Beatles".
A solución ás cuestións teredes que recollela nun documento de texto e gardalo nun cartafol co título "webquest beatles". ).


1. Averigua o nome dos compoñentes da banda e ano de nacemento.

2. Atopa unha imaxe de cada un dos membros da banda.


3. Cal era o seu estilo musical?


4. Que significa o nome do grupo? Tradúceo ao galego.


5. Investiga que instrumento musical tocaba cada un dos membros da banda.


6. Onde deron os seus primeiros concertos? Localiza dita cidade nun mapa.


7. Discografía. Atopa o título de cada un dos seus discos xunto coa data de publicación.


8. Atopa imaxes das portadas dos seus discos.


9. Atopa a letra da canción que cantaches no Nadal ("Love me do").


10. Facede un mural con toda a información recollida.